Data
18 e 19 de maio de 2023
18 e 19 de maio de 2023
Museo de Pontevedra (Edificio Castelao)
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra
Ata o 16 de maio de 2023
Madeira, cordas, ramas de follas, terra… foron as materias primas máis utilizadas para construír durante a prehistoria recente no Noroeste peninsular. O seu carácter efémero condicionou a súa conservación; na maior parte dos casos degradáronse e desapareceron, só chegaron ata nós naqueles casos nos que o lume entrou en contacto con elas. Conformaron arquitecturas efémeras nos lugares de habitación e nos espazos de almacenaxe relacionados coas tarefas agrícolas ou outras actividades produtivas.
A madeira, as cordas, as pólas ou as sementes desapareceron e só quedaron os espazos que ocuparon previamente. Por este motivo foxas, buratos de poste ou gabias de cimentación son as principais evidencias arqueolóxicas que conservamos para aproximarnos ás comunidades que habitaron o Noroeste peninsular entre o Neolítico e o Bronce Final, nun período comprendido a grandes trazos entre inicios do V milenio a.n.e. ata finais do I milenio a.n.e.
Esta reunión dará visibilidade a estas arquitecturas que polo seu carácter efémero son pouco visibles na paisaxe e de moi difícil conservación unha vez escavadas, sendo en gran medida descoñecidas para o público en xeral e incluso para parte dos profesionais da arqueoloxía. A partir dunha escolma dos xacementos máis significativos tanto en Galicia como no Norte de Portugal achegarémonos a estas arquitecturas efémeras. No encontro reuniranse arqueólogas e arqueólogos profesionais así como investigadores e investigadoras de diferentes centros de investigación e universidades de España e Portugal.
Dirección
José Manuel Rey García (Director do Museo de Pontevedra)
Coordinación xeral
A
Coordinación científica
M
Comité Científico
M
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento.
Museo de Pontevedra © 2023. Todos os dereitos reservados.
Deputación de Pontevedra